miércoles, 24 de febrero de 2016

24 de Febreiro. Día de Rosalía


O pasado mércores 24 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía, coincidindo co aniversario do nacemento da famosa escritora. O centro, outro ano máis, non quere deixar pasar a oportunidade de organizar distintas actividades para coñecer a súa vida e obra.

Nós preparamos un mural na clase moi ao estilo Andy Warhol. Os rapaces utilizaron a cor para decorar o retrato de Rosalía. Quedou así de chulo.





Ademáis coñecemos a poesía de "Adiós ríos, adiós fontes" da man de Amancio Prada.



Tamén preparamos a seguinte estrofa:

Téñovos, pois, que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabañar.


O profesor Pablo fixo foi o encargado de gravarnos recitándoa e de facer o montaxe que podedes escoitar completo no blog da radio do García Barbón.

Podedes entrar clicando aquí.


No hay comentarios:

Publicar un comentario