jueves, 23 de junio de 2016

Fin de curso

Boto a vista atrás e recordo a aqueles vintecinco pequechos, que malamente daban subido ata o segundo andar do colexio,  que apenas sabían escribir o seu nome, que dicían que o nome propio dos seus pais era Papá e Mamá e que non eran quen de dicir cal era o día do seu aniversario...

Nestes momentos tristes de despedida quero quedarme con todo o bo acontecido ao longo destes dous cursos, cos seus risos e tamén bágoas, cos éxitos conseguidos e os que están por vir.
Quero agradecerlles que compartiran comigo as súas alegrías e trunfos.
Agradecerlles tamén os seus bicos e abrazos colectivos dende as nove da mañá ata as dúas.

Quero agradecervos a vós, as súas familias, que me permitísedes disfrutar cada día de todos eles.

Mil grazas!




No hay comentarios:

Publicar un comentario