jueves, 22 de enero de 2015

ANIMAIS E PLANTAS

Neste segundo trimestre aprenderemos moitísimas cousas dos animais e das plantas. 

Ámbolos dous nacen, as plantas de sementes e os animais de ovos ou da barriga da súa mamá.
Medran ao longo da súa vida. Algúns, como as ras, cambian moitísimo dende que nacen ata que se converten en adultos, sofren unha metamorfose.
Aliméntanse: tomando alimentos pola boca algúns animais e pola raíz as plantas.
Respiran: polas follas as plantas e polo nariz, branquias... os animais.
Tamén se reproducen e morren. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario