viernes, 6 de noviembre de 2015

DESPEDIDA RENO-CERVO

E o noso reno-cervo partiu cara ao Centro Comercial Gran Vía. Alí estará exposto a partir do dia 9 de novembro e ata o 11 de xaneiro. Seguro que estará encantado de que lle fagades unha visita coa vosa familia!


Recordade tamén que entre o 27 de novembro e o 10 de xaneiro podedes facer unha poxa para quedarvos con él. A poxa mínima son 150 euros, que serán doados á Asociación Down Vigo.

Non quero perder a oportunidade para agradecer profundamente a todos os familiares que adicaron un rato do seu tempo a participar nesta actividade. A actividade non houbera tido tanto éxito entre os rapaces sen a vosa colaboración!

Unha aperta grande.

No hay comentarios:

Publicar un comentario