Este luns tivo lugar no centro o Taller de Igualdade. Elsa realizou unha actividade na nosa clase onde os alumnos poideron descubrir que todos podemos desempeñar calquera profesión, independientemente de si somos homes ou mulleres.
Fixemos tamén un visionado da historia de Valentina Tereskova, a primeira muller en subir ao espacio.
Xa somos uns expertos medindo coa regra e a cinta métrica. Agora comenzamos unha nova andaina. Empezamos a coñecer os kilogramos, e que mellor forma de facelo que experimentando coas distintas balanzas que temos no centro. Incluso practicamos coas balanzas de precisión, coas que poidemos descubrir o peso dos obxectos máis pequeniños.
Chegou a festa do Magosto.
Como xa somos un pouquiño grandes tivemos que aprender a facer os cucuruchos. Non foi unha tarefa sinxela, máis todos puxemos moito interés.
Tamén fixemos unhas cintas para o pelo que quedaron moi chulas.
E aquí van as fotos da nosa maior obra de arte feita ata o de agora. E vos preguntaredes, por que? Principalmente porque aprendimos a traballar coa técnica da colaxe e tamén porque lle adicamos moitísimas horas de traballo durante días, pero o máis importante é que nos quedou fermosísima. Sen lugar a dúbidas, podemos estar orgullosos do mural de nadal da nosa aula!