Etiquetas
1º PRIMARIA
ANIMAIS
ATENCIÓN
AVISOS
C. DA NATUREZA
C. SOCIAIS
CANCIÓNS
CONTOS
CURTOS
descripción
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
DÍA DA PAZ
ENTROIDO
IMAXES
LECTOESCRITURA
LENGUA CASTELLANA
LETRA G
LETRAS GALEGAS
LIM
LINGUA GALEGA
MAGOSTO
MATEMÁTICAS
MEMORIA
MULTIPLICAR
NADAL
NÚMEROS ORDINAIS
ONOMATOPEYAS
PLÁSTICA
RELOXO
RESTAR
REVISTA ESCOLAR
SAÍDAS DIDÁCTICAS
SAMAÍN
TEATRO
VALORES
VÍDEO
XOGOS
Mostrando entradas con la etiqueta CANCIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CANCIÓNS. Mostrar todas las entradas
viernes, 13 de mayo de 2016
LETRAS GALEGAS 2016: Manuel María
Este ano o homenaxeado no Día das Letras Galegas é Manuel María.
Os nenos de segundo estivemos traballando a súa obra, biografía... a través de xogos e pasatempos. Tamén cantamos un pouco.
Os alumnos do C.E.I.P. Do Carballal de Marín cantan a Manuel María e nós unímonos a eles.
miércoles, 24 de febrero de 2016
24 de Febreiro. Día de Rosalía
O pasado mércores 24 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía, coincidindo co aniversario do nacemento da famosa escritora. O centro, outro ano máis, non quere deixar pasar a oportunidade de organizar distintas actividades para coñecer a súa vida e obra.
Nós preparamos un mural na clase moi ao estilo Andy Warhol. Os rapaces utilizaron a cor para decorar o retrato de Rosalía. Quedou así de chulo.
Ademáis coñecemos a poesía de "Adiós ríos, adiós fontes" da man de Amancio Prada.
Tamén preparamos a seguinte estrofa:
Téñovos, pois, que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabañar.
O profesor Pablo fixo foi o encargado de gravarnos recitándoa e de facer o montaxe que podedes escoitar completo no blog da radio do García Barbón.
Podedes entrar clicando aquí.
lunes, 22 de febrero de 2016
O Sistema Solar
Nesta unidade traballamos a terra e o sistema solar. Descubrimos que a terra non está quieta, e que realiza dous tipos distintos de movementos, translación e rotación.
Por petición popular volvemos a poñernos en mans de "Barney el camión".
Por petición popular volvemos a poñernos en mans de "Barney el camión".
domingo, 21 de febrero de 2016
Táboas de multiplicar
Seguimos avanzando na aprendizaxe das táboas de multiplicar.
É turno agora de memorizar a táboa do tres, catro e cinco. Para escoitalas todas soamente tedes que clicar na parte superior esquerda da imaxe e escoller na lista de reprodución a que queirades escoitar.
Para aprender e repasar as táboas de multiplicar tamén podemos facer a seguinte actividade.
Xogamos pinchando aquí.
É turno agora de memorizar a táboa do tres, catro e cinco. Para escoitalas todas soamente tedes que clicar na parte superior esquerda da imaxe e escoller na lista de reprodución a que queirades escoitar.
Para aprender e repasar as táboas de multiplicar tamén podemos facer a seguinte actividade.
Xogamos pinchando aquí.
lunes, 11 de enero de 2016
Multiplicamos por 2!
Moitos xa se saben a táboa do dous gracias a esta divertida canción. Repasamos...
viernes, 8 de enero de 2016
O ciclo da Auga
Con esta divertida canción comezamos a traballar os novos contidos deste trimestre na área de ciencias da natureza.
viernes, 23 de octubre de 2015
Os catro puntos cardinais
Empezamos a traballar os catro puntos cardinais. Con esta canción será moito máis doado entendelos e interiorizalos.
Xa temos traballo para a vindeira semana!
Xa temos traballo para a vindeira semana!
martes, 20 de octubre de 2015
"Brinca Vai!": No Samaín
Empezamos a entonar cancións de cara ao Samaín. Temos uns días para aprendela!
lunes, 5 de octubre de 2015
TALLER "COCINA CON CLAN!"
Vaia alegría levaron hoxe cando chegaron ao cole. Moi caladiño o tiñamos, ninguén o esperaba!!! Poidemos desfrutar desta actividade, organizada por Clan, Fundación Patrimonio Cultural Olivarero y Liberorum... coa que reforzamos os novos contidos traballados en Ciencias da Natureza.
Como todo o que facemos, aprendemos un montón, pero tamén o pasamos en grande.
E para mostra, estas fotiños!
Como todo o que facemos, aprendemos un montón, pero tamén o pasamos en grande.
E para mostra, estas fotiños!
domingo, 20 de septiembre de 2015
O CORPO HUMANO
Comezamos o curso con novas cancións coas que, ademais de pasalo ben, movemos o corpo e aprendemos un montón de vocabulario novo.
lunes, 25 de mayo de 2015
Canción Infantil OS MESES DO ANO
E xa coñecemos as estacións, os días da semana e agora é a quenda dos meses do ano. Alá imos!!!!
lunes, 27 de abril de 2015
lunes, 16 de marzo de 2015
Canción Infantil "As estacións"
As estacións van pasando e nós imos recoñecendo os principais cambios que se producen no noso entorno.
martes, 10 de marzo de 2015
PARES E IMPARES
Para aprender cales son os números pares e impares botamos man desta canción.
Clic aquí para escoitala
Clic aquí para escoitala
martes, 9 de diciembre de 2014
CONTAMOS ATA O 100.
Hai que ver canto aprendemos!
Fai tres meses apenas sabíamos contar uns cantos números e agora... non temos fin!
E se ademais o facemos cantando e bailando unha conga, entón habemos chegar ata o mil!
Enlace coa canción de YOUTUBE.
Fai tres meses apenas sabíamos contar uns cantos números e agora... non temos fin!
E se ademais o facemos cantando e bailando unha conga, entón habemos chegar ata o mil!
Enlace coa canción de YOUTUBE.
viernes, 21 de noviembre de 2014
O ESQUELETO HUMANO
E chegou o momento de coñecer máis a fondo o noso corpo, os ósos, as articulacións, os sentidos...
E como nos gusta relacionar todo a aprendido, aproveitamos a festa do Samaín para mover o esqueleto...
Que ben o pasamos bailando este twist!!!
Canción: "Los esqueletos"
E como nos gusta relacionar todo a aprendido, aproveitamos a festa do Samaín para mover o esqueleto...
Que ben o pasamos bailando este twist!!!
Canción: "Los esqueletos"
lunes, 22 de septiembre de 2014
Canción "EL ABECEDARIO"
E comezamos a traballar con todas as letras. O mono Sílabo e os seus amigos fan as delicias de tódolos nenos da clase!
lunes, 15 de septiembre de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





