lunes, 16 de noviembre de 2015

Comezamos a restar con levadas!

Esta semana comezamos co primeiro dos grandes retos de 2º de primaria: A RESTA CON LEVADAS

No enlace de arriba podedes ver un titorial que segue o mesmo sistema que imos utilizar na clase.

Todos moi atentos, non perdades nota!


jueves, 12 de noviembre de 2015

Ti tamén contas!


Xa está aquí o nadal. Tódolos rapaces están a voltas cos catálogos de xoguetes e as cartas aos Reis Magos. Onte, no espectáculo de "A tropa de trapo" estivemos reflexionando sobre as cousas que nos fan felices. 

É realmente necesario ter tantos xoguetes? 
Somos conscientes de onde e quen fabricou eses xoguetes? 




Gracias a esta compañía poidemos proporcionarlle aos pequenos un novo punto de vista. Unha divertida reflexión que nos invita a facer un consumo responsable.

miércoles, 11 de noviembre de 2015

INFORMACIÓN DE ÚLTIMA HORA

Acabo de recibir un correo do C.C. Gran Vía informándome de que aínda non están expostos os renos. Estou á espera de que me confirmen nova data e o lugar exacto onde se vai ubicar a exposición.

Ireivos informando.

Un saúdo.

Vanesa

viernes, 6 de noviembre de 2015

DESPEDIDA RENO-CERVO

E o noso reno-cervo partiu cara ao Centro Comercial Gran Vía. Alí estará exposto a partir do dia 9 de novembro e ata o 11 de xaneiro. Seguro que estará encantado de que lle fagades unha visita coa vosa familia!


Recordade tamén que entre o 27 de novembro e o 10 de xaneiro podedes facer unha poxa para quedarvos con él. A poxa mínima son 150 euros, que serán doados á Asociación Down Vigo.

Non quero perder a oportunidade para agradecer profundamente a todos os familiares que adicaron un rato do seu tempo a participar nesta actividade. A actividade non houbera tido tanto éxito entre os rapaces sen a vosa colaboración!

Unha aperta grande.

jueves, 5 de noviembre de 2015

ORDEN ALFABÉTICO

Xa sabemos colocar por orden alfabético! Nesta actividade podedes escoller entre ordenar letras ou ordenar palabras. A ver que tal vos sae!



Empeza a xogar pinchando aquí.

O RELOXO

Practicamos un pouquiño as horas? 




Clic aquí para xogar.

O RELOXO 2

Aquí vos deixo un enlace dun xogo para aprender a ler o reloxo. Con él damos un pasiño máis aló dos "cuartos" e as "e media". Veña! Imos intentalo!




Pincha aquí para empezar a xogar.