jueves, 3 de diciembre de 2015

Máis números ordinais

Esta actividade é un pouquiño máis complexa porque combina os números ordinais coa lectura do reloxo. Ímos probar sorte!




Comezamos!

Números ordinais

Os números ordinais son aqueles que indican a orde ou posición que ocupa un elemento nun determinado grupo, como por exemplo a posición dun neno na fila, das motos cando rematan unha carreira...



Se queredes facer un repaso dos números ordinais fai clic aquí.

Nos aprendemos só ata o 10º, pero por si queredes saber un pouquiño máis aquí tedes esta imaxe.

Reloxo analóxico e dixital

Nos seguintes enlaces poderedes facer unhas entretidas actividades para seguir traballando o reloxo.

Preme aquí se queres xogar a: Que hora é?

Preme aquí se queres xogar a : A que hora...?

E preme aquí se queres xogar a: Arranxemos o reloxo!

Espero que vos guste!

viernes, 20 de noviembre de 2015

A CAIXA MÁXICA

Hoxe levamos a cabo a actividade de "A caixa máxica". Todos estaban ansiosos, non lles daba chegado o momento de ensinar os seus máis preciados obxectos.



Primeiro saímos dun en un a mostrar o que levábamos na caixa. Foi o momento de contar en galego as anécdotas, historias, viaxes vividas... Todos estiveron moi atentos e estou segura que non as han de olvidar!




Despois as deixamos nas nosas mesas e poidemos visitar as mesas veciñas para ver con máis detalle e incluso manipular as cousas dos nosos compañeiros.









Foi unha experiencia maravillosa, na que profundizamos un pouquiño máis no coñecemento que temos dos nosos compañeiros e tamén favorecemos a cohesión grupal.

Primeira visita ao reno-cervo!

Onte pola mañá recibín a notificación por parte do C.C. Gran Vía relativa ao inicio da exposición RENO PARADE. A situación exacta do noso reno-cervo é a seguinte: 

PLANTA 1, situado preto de Bershka e Springfield.

Así mesmo envíannos esta invitación para acudir ao encendido da árbore navideña.

Estimados Sres.: 
Nos dirigimos a ustedes con el fin de hacerles partícipes del encendido de nuestro árbol navideño ubicado en la planta cero del Centro Comercial Gran Vía de Vigo. En esta ocasión, nos gustaría realizarlo junto con los protagonistas de esta Navidad 2015: los niños que han decorado con tanto cuidado y esmero el total de 15 renos de nuestra acción “Reno Parade”. Para ello solamente pueden acudir al Centro Comercial Gran Vía de Vigo el próximo jueves 26 de Noviembre a las 19:00 h en el área del árbol de planta cero con toda la ilusión y ganas de “encender nuestra navidad”. Posteriormente podrán visitar, si lo desean, los renos ubicados en las diferentes plantas de nuestro Centro Comercial. Agradecemos una vez más la ilusión y atención mostrada por profesores y niños de los colegios participantes y deseamos esta acción contribuya a recaudar fondos para el proyecto de formación de la Asociación Down Vigo. 
Esperando sea de su agrado, les saluda, 
Centro Comercial Gran Vía de Vigo


Algún afortunado, coma o noso amigo Mario, xa viu o reno, e envíanos esta foto do momento exacto no que o estaban colocando.







lunes, 16 de noviembre de 2015

Comezamos a restar con levadas!

Esta semana comezamos co primeiro dos grandes retos de 2º de primaria: A RESTA CON LEVADAS

No enlace de arriba podedes ver un titorial que segue o mesmo sistema que imos utilizar na clase.

Todos moi atentos, non perdades nota!