Hoxe levamos a cabo a actividade de "A caixa máxica". Todos estaban ansiosos, non lles daba chegado o momento de ensinar os seus máis preciados obxectos.
Primeiro saímos dun en un a mostrar o que levábamos na caixa. Foi o momento de contar en galego as anécdotas, historias, viaxes vividas... Todos estiveron moi atentos e estou segura que non as han de olvidar!
Despois as deixamos nas nosas mesas e poidemos visitar as mesas veciñas para ver con máis detalle e incluso manipular as cousas dos nosos compañeiros.
Foi unha experiencia maravillosa, na que profundizamos un pouquiño máis no coñecemento que temos dos nosos compañeiros e tamén favorecemos a cohesión grupal.