viernes, 8 de enero de 2016

O ciclo da Auga

Con esta divertida canción comezamos a traballar os novos contidos deste trimestre na área de ciencias da natureza. 

jueves, 3 de diciembre de 2015

As cinco diferencias

Para mellorar a atención imos xogar ás cinco diferencias. A ver se sodes quen de atopalas!



Xoga aquí

Máis números ordinais

Esta actividade é un pouquiño máis complexa porque combina os números ordinais coa lectura do reloxo. Ímos probar sorte!




Comezamos!

Números ordinais

Os números ordinais son aqueles que indican a orde ou posición que ocupa un elemento nun determinado grupo, como por exemplo a posición dun neno na fila, das motos cando rematan unha carreira...



Se queredes facer un repaso dos números ordinais fai clic aquí.

Nos aprendemos só ata o 10º, pero por si queredes saber un pouquiño máis aquí tedes esta imaxe.

Reloxo analóxico e dixital

Nos seguintes enlaces poderedes facer unhas entretidas actividades para seguir traballando o reloxo.

Preme aquí se queres xogar a: Que hora é?

Preme aquí se queres xogar a : A que hora...?

E preme aquí se queres xogar a: Arranxemos o reloxo!

Espero que vos guste!

viernes, 20 de noviembre de 2015

A CAIXA MÁXICA

Hoxe levamos a cabo a actividade de "A caixa máxica". Todos estaban ansiosos, non lles daba chegado o momento de ensinar os seus máis preciados obxectos.



Primeiro saímos dun en un a mostrar o que levábamos na caixa. Foi o momento de contar en galego as anécdotas, historias, viaxes vividas... Todos estiveron moi atentos e estou segura que non as han de olvidar!




Despois as deixamos nas nosas mesas e poidemos visitar as mesas veciñas para ver con máis detalle e incluso manipular as cousas dos nosos compañeiros.









Foi unha experiencia maravillosa, na que profundizamos un pouquiño máis no coñecemento que temos dos nosos compañeiros e tamén favorecemos a cohesión grupal.