sábado, 23 de enero de 2016

PLÁSTICA: Cucuruchos, diademas e debuxos do magosto


Chegou a festa do Magosto.
Como xa somos un pouquiño grandes tivemos que aprender a facer os cucuruchos. Non foi unha tarefa sinxela, máis todos puxemos moito interés.







Tamén fixemos unhas cintas para o pelo que quedaron moi chulas.








E decoramos a libreta cun debuxo e un poema.





PLÁSTICA: Tarxeta postal de Nadal

Este ano tamén fixemos unha postal para desexar, ás persoas que máis queremos, unhas felices festas navideñas. Esperamos que vos gustasen!









PLÁSTICA: Colaxe navideño

E aquí van as fotos da nosa maior obra de arte feita ata o de agora. E vos preguntaredes, por que? Principalmente porque aprendimos a traballar coa técnica da colaxe e tamén porque lle adicamos moitísimas horas de traballo durante días, pero o máis importante é que nos quedou fermosísima. Sen lugar a dúbidas, podemos estar orgullosos do mural de nadal da nosa aula!



















PLÁSTICA: Bolsa de Nadal

Foron moitas as actividades realizadas durante o mes de novembro e decembro.  Todos os rapaces do centro participaron na decoración dunha bolsa de papel. Os alumnos de 2º B traballaron arreo facendo boliñas de distintos cores coas que montamos uns abetos de nadal moi xeitosos. O equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou a decoración do mural da entrada do centro, e resultou que as nosas bolsas foron as utilizadas polo apalpador para vir cargado de agasallos!






lunes, 18 de enero de 2016

ÁRBORE BIBLIOTECA

Aquí están os nenos que fixeron a súa folla para a árbore da biblioteca. Gracias a tódolos nenos e as súas familias por colaborar  nas actividades organizadas polo centro.