lunes, 22 de febrero de 2016

O Sistema Solar

Nesta unidade traballamos a terra e o sistema solar. Descubrimos que a terra non está quieta, e que realiza dous tipos distintos de movementos, translación e rotación.

Por petición popular volvemos a poñernos en mans de "Barney el camión".

domingo, 21 de febrero de 2016

Táboas de multiplicar

Seguimos avanzando na aprendizaxe das táboas de multiplicar.
É turno agora de memorizar a táboa do tres, catro e cinco. Para escoitalas todas soamente tedes que clicar na parte superior esquerda da imaxe e escoller na lista de reprodución a que queirades escoitar.



Para aprender e repasar as táboas de multiplicar tamén podemos facer a seguinte actividade.
Xogamos pinchando aquí.

lunes, 15 de febrero de 2016

jueves, 11 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

Xa rematou o entroido, este ano especialmente pasado por auga. Menos mal que o venres gozamos dunha mañá espectarcular, na que os nosos bañistas olímpicos incluso pasaron unha pouca de calor. A verdade é que estaban simpatiquísimos.












Esperamos que vos gustase a súa actuación, coa música de Mamá Cabra.





Unha vez máis, grazas pola vosa colaboración!

jueves, 28 de enero de 2016

Taller de igualdade

Este luns tivo lugar no centro o Taller de Igualdade. Elsa realizou unha actividade na nosa clase onde os alumnos poideron descubrir que todos podemos desempeñar calquera profesión, independientemente de si somos homes ou mulleres.
Fixemos tamén un visionado da historia de Valentina Tereskova, a primeira muller en subir ao espacio.


Pincha aquí para ver o vídeo de Valentina Tereshkova





Balanzas

Xa somos uns expertos medindo coa regra e a cinta métrica. Agora comenzamos unha nova andaina. Empezamos a coñecer os kilogramos, e que mellor forma de facelo que experimentando coas distintas balanzas que temos no centro. Incluso practicamos coas balanzas de precisión, coas que poidemos descubrir o peso dos obxectos máis pequeniños.